VALORACIÓN PERSOAL DOS RESULTADOS ELECTORAIS "ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDAS":
Por unha banda estes resultados electorais foron unha desilusión, que
non un fracaso, non se conseguiu o obxectivo prioritario xa confesado de
sacarlle a maioría absoluta o PP e polo tanto o poder.
O que si conseguiu AGE foi sementar ilusión para poder ter unha boa colleita. Seguramente xa nas próximas municipais podamos ver os froitos se coidamos ben do terreo gañado.
O mais importante e que somos unha alternativa realmente de esquerdas,
cun amplío apoio popular conseguido en moi pouco tempo, un apoio
inesperado ata para os que creemos firmemente dende o principio neste
proxecto, esta claro que ilusionamos a unha parte importante da
sociedade galega.
Nesta comarca os resultados foron aínda mellores
para AGE, somos xa a segunda forza política en moitos concellos, e onde
non o somos estamos en condicións de selo.
E moi ilusiónante poder
soñar con o cambio, pero agora empeza o traballo de vertebrar un partido
unido capaz de levarnos a unha sociedade nova.
Necesitamos para conseguilo a militancia activa de todos/as os compañeiros/as que formamos parte de AGE.
A MEU XUÍZO OS RETOS DE AGE:
O principal reto agora e consolidarnos como partido.
Agora comeza o mais difícil para AGE como proxecto de partido unido.
O pobo falou, os votantes de AGE falaron alto e claro, queren unha
fronte de esquerdas amplía que sexa capaz de centrarse no que nos une e
deixar a un lado as nosas diferencias.
Porque o que nos une e moito mais que o que nos separa, porque o que nos une e prioritario e básico.
Esta e unha loita por os nosos dereitos fundamentais como seres
humanos, unha loita por a nosa dignidade como traballadores/as, unha
loita po lo futuro dos nosos fillos, po lo futuro da nosa terra, unha
loita po la nosa lingua, e unha loita dos de arriba contra os de abaixo,
e unha loita de todos/as contra as oligarquías criminais que son as que
realmente nos gobernan, e unha loita dos que queren poñer o ser humano o
servizo da economía contra os que esiximos que a economía estea o
servizo do ser humano.
Temos a obriga de ser xenerosos, temos que
obedecer o mandato do noso pobo, os votantes ordenan que marchemos
xuntos, o pobo manda que AGE sexa a ferramenta para transformar a
sociedade galega, e temos a obriga de obedecer.
Son afiliado o Partido Comunista, estou dentro de Esquerda Unida,
pero agora sobre todo me sinto membro de Alternativa Galega de Esquerdas.
Todos/as os compañeiros/as que forman parte desta organización son os
meus compañeiros/as, e vou loitar o seu lado, ombro con ombro, para
conseguir ese futuro mellor que queremos deixar de herdanza os nosos
fillos/as, esa terra libre de caciques e fascistas que desexamos ver.
TAREFAS A CURTO PRAZO QUE CONSIDERO IMPORTANTES:
Debemos esixir os dirixentes do noso partido que cumpran todas e cada
unha das promesas realizadas, que estou seguro que o van facer, que
manden obedecendo, que sexan transparentes, que sexan a nosa voz no
parlamento.
E prioritario organizar as asembleas de barrio para
tratar de atallar dende alí con propostas e iniciativas os problemas do
día a día que do noso pobo.
Debemos ser tamén a vangarda da loita
obreira nos sindicatos e na rúa, sendo a voz critica e a punta de lanza
do movemento obreiro nestas organizacións.
Fomentar e tratar de
sacar adiante o auto emprego por medio de cooperativas obreiras, creadas
como a cooperación solidaria de traballadores/as libres, o marxe da
escravitude asalariada a que nos aboca o sistema.
Tentar de
organizar nas medidas das nosas posibilidades unha rede de apoio os
golpeados mais duramente po la agresión do capital, comedores socias,
bancos de roupa, apoio os inmigrantes, e toda unha serie de iniciativas
para tratar de paliar o sufrimento de tanta xente.
O mais
difícil comeza agora, pero tamén o mais emocionante, porque estamos
parindo unha idea, un proxecto de sociedade mais xusta e solidaria, esta
idea a estamos parindo xuntos compañeiros/as de esquerdas que vimos de
distintas correntes de pensamento, nos une o amor a terra, o a mor a
patria, entendendo patria como familia, como amigos, como pobo, e non
como himnos, bandeiras e desfiles.
Tal vez teñamos diferencias a
hora de soñar con o futuro desta terra, pero o sentimento de AMOR a nosa
nai Galiza e o mesmo, e compartimos tamén a FAME ANCESTRAL DE PAN,
DIGNIDADE E XUSTIZA SOCIAL DO NOSO POBO.
André A.F