domingo, 4 de noviembre de 2012



VALORACIÓN PERSOAL DOS RESULTADOS ELECTORAIS "ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDAS":

Por unha banda estes resultados electorais foron unha desilusión, que non un fracaso, non se conseguiu o obxectivo prioritario xa confesado de sacarlle a maioría absoluta o PP e polo tanto o poder.
O que si conseguiu AGE foi sementar ilusión para poder ter unha boa colleita. Seguramente xa nas próximas municipais poda
mos ver os froitos se coidamos ben do terreo gañado.
O mais importante e que somos unha alternativa realmente de esquerdas, cun amplío apoio popular conseguido en moi pouco tempo, un apoio inesperado ata para os que creemos firmemente dende o principio neste proxecto, esta claro que ilusionamos a unha parte importante da sociedade galega.
Nesta comarca os resultados foron aínda mellores para AGE, somos xa a segunda forza política en moitos concellos, e onde non o somos estamos en condicións de selo.
E moi ilusiónante poder soñar con o cambio, pero agora empeza o traballo de vertebrar un partido unido capaz de levarnos a unha sociedade nova.
Necesitamos para conseguilo a militancia activa de todos/as os compañeiros/as que formamos parte de AGE.

A MEU XUÍZO OS RETOS DE AGE:

O principal reto agora e consolidarnos como partido.
Agora comeza o mais difícil para AGE como proxecto de partido unido.
O pobo falou, os votantes de AGE falaron alto e claro, queren unha fronte de esquerdas amplía que sexa capaz de centrarse no que nos une e deixar a un lado as nosas diferencias.
Porque o que nos une e moito mais que o que nos separa, porque o que nos une e prioritario e básico.
Esta e unha loita por os nosos dereitos fundamentais como seres humanos, unha loita por a nosa dignidade como traballadores/as, unha loita po lo futuro dos nosos fillos, po lo futuro da nosa terra, unha loita po la nosa lingua, e unha loita dos de arriba contra os de abaixo, e unha loita de todos/as contra as oligarquías criminais que son as que realmente nos gobernan, e unha loita dos que queren poñer o ser humano o servizo da economía contra os que esiximos que a economía estea o servizo do ser humano.
Temos a obriga de ser xenerosos, temos que obedecer o mandato do noso pobo, os votantes ordenan que marchemos xuntos, o pobo manda que AGE sexa a ferramenta para transformar a sociedade galega, e temos a obriga de obedecer.
Son afiliado o Partido Comunista, estou dentro de Esquerda Unida,
pero agora sobre todo me sinto membro de Alternativa Galega de Esquerdas.
Todos/as os compañeiros/as que forman parte desta organización son os meus compañeiros/as, e vou loitar o seu lado, ombro con ombro, para conseguir ese futuro mellor que queremos deixar de herdanza os nosos fillos/as, esa terra libre de caciques e fascistas que desexamos ver.

TAREFAS A CURTO PRAZO QUE CONSIDERO IMPORTANTES:

Debemos esixir os dirixentes do noso partido que cumpran todas e cada unha das promesas realizadas, que estou seguro que o van facer, que manden obedecendo, que sexan transparentes, que sexan a nosa voz no parlamento.
E prioritario organizar as asembleas de barrio para tratar de atallar dende alí con propostas e iniciativas os problemas do día a día que do noso pobo.
Debemos ser tamén a vangarda da loita obreira nos sindicatos e na rúa, sendo a voz critica e a punta de lanza do movemento obreiro nestas organizacións.
Fomentar e tratar de sacar adiante o auto emprego por medio de cooperativas obreiras, creadas como a cooperación solidaria de traballadores/as libres, o marxe da escravitude asalariada a que nos aboca o sistema.
Tentar de organizar nas medidas das nosas posibilidades unha rede de apoio os golpeados mais duramente po la agresión do capital, comedores socias, bancos de roupa, apoio os inmigrantes, e toda unha serie de iniciativas para tratar de paliar o sufrimento de tanta xente.

O mais difícil comeza agora, pero tamén o mais emocionante, porque estamos parindo unha idea, un proxecto de sociedade mais xusta e solidaria, esta idea a estamos parindo xuntos compañeiros/as de esquerdas que vimos de distintas correntes de pensamento, nos une o amor a terra, o a mor a patria, entendendo patria como familia, como amigos, como pobo, e non como himnos, bandeiras e desfiles.
Tal vez teñamos diferencias a hora de soñar con o futuro desta terra, pero o sentimento de AMOR a nosa nai Galiza e o mesmo, e compartimos tamén a FAME ANCESTRAL DE PAN, DIGNIDADE E XUSTIZA SOCIAL DO NOSO POBO.

André A.F

No hay comentarios:

Publicar un comentario