Temos un programa, temos un modelo alternativo, queremos realmente cambiar a sociedade, queremos construír unha cidade para todas e todos e de todas e todos.
Axúntate a xente de esquerdas.
- TRABALLO DESENROLADO ATA O MOMENTO DENDE EU NARÓN:
O novo consello local de EU en Narón estalle
moi agradecido o anterior equipo polo seu traballo, un traballo encamiñado a
defender en todo momento que a prioridade ten que ser sempre a cidadanía.
Eu vou a centrarme no traballo que actualmente
esta desenrolando EU Narón porque non formaba parte do anterior equipo.
Dende un principio unha das nosas prioridades
é coñecer cales son os problemas do no noso concello de primeira man para poder
ofrecer solucións, temos a intención de reunirnos tanto con asociacións
veciñais como con todos os colectivos que vertebran a sociedade naronesa para
que nos transmitan a súa visión.
Ademais en EU Narón temos as portas abertas a
todas e todos os veciñas e veciños, a todas as persoas que teñan inquedanzas, a
todas e todos os que desexen colaborar, participar, militar, ou opinar, todas
as asembleas da nosa forza política están abertas a cidadanía, e pretenden non
ser meras asembleas informativas, si non asembleas de debate político, e o mais
importante de decisión da liña política da nosa formación.
Comezamos a nosa andadura cunha roda de prensa
onde faciamos unha declaración de intencións que imos a cumprir, temos unha
folla de ruta con propostas serias e claras para Narón, fai pouco fixemos unha
conferencia onde invitamos a Santiago Jimenez, alcalde de IU en Villaverde del Río
onde falamos entre outras moitas cousas da municipalización dos servizos, non
so para mellorar a calidade dos mesmos, si non tamén abaratar costos para os cidadáns,
e tamén para poder ofrecer emprego público en condicións dignas, con salarios
dignos, e con dereitos, como motor tamén da recuperación económica.
- BALANCE DO GOBERNO CUATRIPARTITO NO MUNICIPIO:
Neste punto e que partimos de concepcións
distintas de como gobernar un municipio, en esquerda unida entendemos a
política como un xeito de mellorar a vida das persoas, de defender os seus
dereitos, de protexer aquelas persoas en situacións mais complicadas, e no
actual contexto moitas veces hai que enfrontarse a leis inxustas, non queremos
ser simples xestores de presupostos dun concello, queremos darlle o
protagonismo as veciñas e veciños, queremos que participen nas decisións.
- O SANEAMENTO DA RÍA E O CONFLITO ENTRE FERROL E NARÓN:
Creemos firmemente que os servizos básicos deben se municipalizados para que non se converten nun simple negocio, nestes tempos de crise non se pode cargar as familias con a subida de todo aquelo imprescindible para poder vivir con dignidade.
- A partir de Decembro o Concello de Ferrol pasará a cobro aos seus veciños/as unha taxa por saneamento das augas que se verten á Ría e que teoricamente serán depuradas pola nova rede de saneamento, taxa que ascenderá a 76 euros anuais; esta cantidade será aumentada cada ano.
- A contía da taxa foi fixada unilateralmente polo Concello de Ferrol e EMAFESA, en base a un presunto estudo de custo de mantemento da rede, estudo que ao día de hoxe non coñece nin a oposición municipal, nin o Concello de Narón, que tamén terá que aplicar a referida taxa. En calquera caso, os datos que obran no poder do veciños sobre o funcionamento da rede de saneamento, datos que foron recadados polo seus medios e agrupados nunha comisión veciñal, -dado o escurantismo do Concello de Ferrol, ACUAES GALICIA –ORGANISMO DA XUNTA DE GALICIA-, e a CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DO MIÑO SIL- indican que a contía da taxa resposta a un sobrecusto calculado para dar beneficios a EMAFESA,e máis exactamente á Empresa privada que ten o 49% das súa participación. Hai que lembrar que legalmente taxa só ten a finalidade cubrir os custos do servizo, sin que poida ser unha medida recadadora do Concello para si ou para un terceiro.
- O propio Concello de Narón pon en cuestión esa contía e encargou un estudo alternativa que coincide en cualificar a taxa excesivamente elevada para o que é o custo enerxético do funcionamento da rede de saneamento.
- O Concello de Ferrol incorre nunha ilegalidade cando outorga directamente a concesión do mantemento da rede a EMAFESA, QUE NON É UNHA EMPRESA PÚBLICA; só si a Empresa fora totalmente pública podería recibir directamente a concesión sin concurso. Esta razón permite falar dunha posible nulidade da concesión, unida tamén a falla de información ao conxunto da corporación e da cidadanía.
- O Estado non aporta cartos nin para a construción rede de saneamento nin para o seu mantemento. O Concello de Ferrol fía pagar aos seus veciños incluso o custo de posta en marcha da Depuradora de A Cabana, cando a práctica habitual é que non se reciba esta infraestrutura sen comprobar antes pola Administración Central o seu estado.
- A rede de saneamento en construción está afectada polas seguintes denuncias públicas, que incluso nalgún momento podería ser obxecto de denuncia xudicial, como xa o foi fai dous meses atrás ante a Unión Europea:
- En Ferrol Non parte dunha rede previa separativa de augas brancas e de augas fecais, a pesares de que as directivas ao respecto da UE obrigan a esa medida ineludible. Os chamado tanques de tormentas previstos non teñen a capacidade que o proxecto prevía para absorber as augas a depurar, polo que parte de estas –mesturadas augas residuais con augas brancas- sairán por aliviadoiros que contaminarán un río que fora canalizado previamente e acabarán na ría sen depurar; a depuradora de A Cabana non pode absorber a depuración prevista no proxecto da rede de saneamento; os tanques de tormentas a construír son máis dos que serían necesarios e colocados en lugares que afectan negativamente á residencia e ao ocio dos veciños (parques públicos, ribeira de Caranza….), sin que se aceptara polo Goberno, Xunta e Concello falar de rediseñar o proxecto e buscar emprazamentos alternativos –que os había- menos prexudiciais: todo indica que se fixo un proxecto de obra para aumentar o orzamento en función do beneficio da empresa que constrúe esa infraestrutura…lembremos ademais que o Presidente da Confederación hidrográfica do Miño –Sil cando se aprobou este proxecto está imputado por corrupción e que é práctica habitual pactar coas empresas construtoras sobrecustos nas obras públicas.
- PRIORIDADES DO GRUPO POLÍTICO ATA O FINAL DA LEXISLATURA:
As nosas prioridades vanse centrar na loita
para que as autoridades municipais tenten desenvolver políticas de crear e
fomentar emprego, empregos dignos e de calidade
para os seus e as súas habitantes. Que é posible. Así mesmo, afondar nas
políticas enfocadas a mellorar os servizos de saúde, educación, cultura...
Cómpre tamén apostar por políticas claras de
defensa do público como única garantía de que o que se vai ofrecer son
efectivamente servizos e non meras operacións de lucro. Entendemos que o que
estivemos vendo nos últimos –e xa prolongados anos– demostraron ás claras que a
inmensa maioría das privatizacións de servizos non fixeron outra cousa que
encarecelos empeorando a súa calidade. Porque xa non son servizos, senón
negocios que pagamos todos e todas.
En Narón, desgraciadamente como en case tódalas
partes, tamén temos exemplos de privatizacións, nos que se entendeu a política
municipal como oportunidade de negocio para algúns. (Aldea Nova, Cementeira...)
Remarcar tamén a importancia que ten para a
supervivencia de toda a comarca a defensa do sector Naval, e imprescindible que
remate a prohibición de construír barcos na antiga ASTANO, esta e unha medida
de creación de emprego que afectaría positivamente a Narón, pero ademais, xa
que esta en Narón o principal polígono
industrial da comarca, habería que atraer instalacións de empresas que
completaran o ciclo de compoñentes e materiais para a construcción naval, como
ocorre con CITROEN en Vigo, empresas que se instalarían previsiblemente nese
polígono.
As propostas concretas de empresas teñen que
ser orientadas pola propia SEPI, polo plan Ferrol - que ata o de agora apenas
serviu para nada -, polo CLUSTER do naval e polo observatorio nacional e
internacional da construción Naval. PERO XA NON SE PODEN ACEPTAR NIN VETOS,
NIN RESTRICIÓNS AO NOSO DEREITO Á ACCEDER LIBREMENTE A CONSTRUCIÓN NAVAL, en
contra do que aceptaron os anteriores gobernos do PSOE e do PP. Ademais esta a
reivindicación do dique flotante.

No hay comentarios:
Publicar un comentario