EN FERROLTERRA DEFENDER O NAVAL É DEFENDER O FUTURO!
NON PEDIMOS NADA, ESIXIMOS UN TRABALLO DIGNO E CON DEREITOS!
O rotundo éxito da mobilización en Madrid o
día 22 Marzo, unido á constantes acción en defensa dos dereitos laborais e
contra os ERES, pola defensa da sanidade e o ensino públicos, contra os
desafiuzamentos, contra as medidas especulativas e a corrupción dos gobernos
locais e autonómicos, etc, amosan claramente que existe unha ampla maioría de
organización, colectivos e persoas dispostas a parar na rúa, cunha loita
constante, as políticas ao servizo do capital que oprimen e afogan ao pobo
traballador.
Que contraste ese ánimo de loita e
participación coa política de conciliación e “negociación” co Goberno do PP na
que se empeñan os dirixentes de CCOO e UGT, a pesares de ter certo que ante a
ausencia dunha autentica vontade de enfrontamento sindical contra as políticas
da troika e de Rajoy, a “negociación” convértese en claudicación disfrazada de
acordos que na realidade en nada melloran nin os dereitos nin as condicións de
vida e de traballo do pobo.
Avanza a unidade na loita e para a loita, o
que sen dúbida é unha moi boa noticia que, como estamos a ver, pon nerviosos
aos xestores políticos do capital , que recorren á represión, á provocación e a
modificacións legais para facer case que imposible o dereito á mobilización
obreira e
popular.
Pero a presión na rúa contra o goberno e a
troika non pode quedarse nun mero rexeito e nunha contundente denuncia; parece
hora de que demos pasos adiante e nos plántellemos que é posible e necesario
cuestionar en termos políticos a lexitimidade do poder, e preparar por unha
banda á insubmisión a ese poder para facerlle cada vez máis difícil aplicar as
súas políticas, e por outra debater e concretar unha alternativa de cambio
revolucionario e de poder popular, a alternativa ten que ser unitaria e plural
pero coincidente na necesidade de acabar con este réxime herdeiro do franquismo
e conquistar un réxime ao servizo do pobo.
A loita de toda a comarca de Ferrolterra para
esixir emprego e que se levante o veto imposto pola UE –aceptado polo
PSOE e polo PP- que impide construír barcos a uns estaleiros “punteiros” no
sector, debe adquirir tamén esa dimensión de loita política contra o
capital e contra o réxime, e para contribuír de xeito decisivo a caída dun
goberno corrupto e inimigo dos intereses de dereitos do pobo. Esa dimensión política
ademais é a que pode por fin “meter o medo no corpo” do poder e obrigarlle a
facer concesións e permitir a carga de traballo con xustiza que demandamos ,
para evitar que os obxectivos da loita se radicalicen.
Sinceramente creemos que esa tarefa é unha
responsabilidade de todos e todas os que creemos na loita contra a explotación e
contra os abuso da xente traballadoras; e especialmente é tarefa para un sector
da clase obreira, o do naval, que xa no pasado soubo plantar cara, con valentía
e decisión, nada más e nada menos que a ditadura fascista.
Remarcar
tamén a importancia que ten para a supervivencia de toda a comarca a defensa do
sector Naval, e imprescindible que remate a prohibición de construír barcos na
antiga ASTANO, esta e unha medida de creación de emprego que afectaría
positivamente a Narón, pero ademais, xa que esta en Narón o principal polígono industrial da comarca, habería que
atraer instalacións de empresas que completaran o ciclo de compoñentes e
materiais para a construción naval, como ocorre con CITROEN en Vigo, empresas
que se instalarían previsiblemente nese polígono.
As
propostas concretas de empresas teñen que ser orientadas pola propia SEPI, polo
plan Ferrol - que ata o de agora apenas serviu para nada -, polo CLUSTER do
naval e polo observatorio nacional e internacional da construción Naval. PERO
XA NON SE PODEN ACEPTAR NIN VETOS, NIN RESTRICIÓNS AO NOSO DEREITO Á ACCEDER
LIBREMENTE A CONSTRUCIÓN NAVAL, en contra do que aceptaron os anteriores
gobernos do PSOE e do PP. Ademais esta a reivindicación do dique flotante.


No hay comentarios:
Publicar un comentario